Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay botou man do psicólogo para aturar a situación no mercado de fichaxes

Yeremay botou man do psicólogo para aturar a situación no mercado de fichaxes

O canario recoñeceu que pediu axuda a Joaquín Sorribas porque "estaba superado" coa cantidade de ofertas que tivo sobre da mesa

G24.gal 10/02/2025 21:40

Volveu marcar Yeremay no partido diante do Almería. O canario leva nove goles no que levamos de campionato, o sexto mellor goleador da Segunda División e, xunto con Ontiveros, o centrocampista que acredita mellores números. E tamén volveu falar despois dun mes de xaneiro moi convulso no que se falou do interese de moitos equipos pola súa contratación e da súa mellora de contrato por parte do club coruñés. 

Yeremay Hernández confesou que precisou axuda do psicólogo, Joaquín Sorribas, para saber levar a situación. "Durante varios días sentía que non era eu. Teño 22 anos e son moi novo. Hai veces que a situación nos supera e esta foi unha delas" confesou o xogador do Deportivo. Era a primeira vez que Yeremay recoñecía os problemas e a ansiedade que lle xerou estar no centro das miradas neste mercado no que tivo ofertas de grandes equipos de toda Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade