Cargando resultados...
O Goberno expropiará parte dos terreos do Algarrobico para demoler o hotel ilegal
A edificación leva parada por orde xudicial desde 2006
![Hotel da praia do Algarrobico, no concello almeriense de Carboneras](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250210/colGOBERNOANUNCIAEXPROPIACIONPARADERRUBEALGARROBICO_frame_200.png)
G24.gal
10/02/2025 20:17
Última actualización 10/02/2025 20:28
O Consello de Ministros inicia este martes o proceso de expropiación de parte dos terreos do Algarrobico, no concello almeriense de Carboneras, o que permitirá derrubar o hotel declarado ilegal no ano 2006 e que quedou a medio facer desde aquela.
O edificio empezou a construírse nun terreo protexido do Parque Natural Cabo de Gata-Níjar, cuxo solo non é urbanizable.
O Goberno calcula que se a empresa propietaria non recorre aos tribunais, o expediente de demolición podería estar resolto en cinco meses.
A Junta de Andalucía considera que esta vía é complicada e defende a anulación da licenza de obras por parte do Concello de Carboneras.