Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Basterra dedica a súa primeira novela, escrita desde prisión, á súa filla Asunta

Alfonso Basterra dedica a súa primeira novela, escrita desde prisión, á súa filla Asunta

O xornalista foi condenado a 18 anos de prisión polo asasinato da nena 

G24.gal 10/02/2025 18:18 Última actualización 10/02/2025 18:52

O xornalista Alfonso Basterra, que se atopa en prisión cumprindo condena polo asasinato da súa filla Asunta en 2013, publicou a súa primeira novela.

'Cito', que así se titula, sae ao mercado da man de Edicións Vitruvio.

Segundo informou a editorial nun comunicado, Basterra escribiu a novela desde a prisión de Teixeiro.

Nela cóntase "unha historia de amor e desamor", a través dun médico dunha vila situada en Castela e León, ambientada no rural nos anos 40, "pero cunha visión máxica".

A editorial tamén informou de que Basterra "continúa escribindo unha segunda parte, e deixando que a literatura lle axude no seu día a día".

Alfonso Basterra foi condenado pola Audiencia Provincial da Coruña a 18 anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta, de 12 anos.

O cadáver da nena apareceu nunha pista forestal de Teo en setembro de 2013.

Á mesma pena foi condenada a nai da menor, Rosario Porto, que se suicidou na prisión de Brieva, en novembro de 2020.

As condenas foron ratificadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia primeiro e, posteriormente, polo Tribunal Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade