Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basterra será trasladado do cárcere de Teixeiro ao de Topas, en Salamanca

Basterra será trasladado do cárcere de Teixeiro ao de Topas, en Salamanca

O cambio producirase a pedimento do propio reo que cumpre 18 anos de condena polo asasinato da súa filla Asunta

Alfonso Basterra e Rosario Porto durante o xuízo. EUROPA PRESS/Arquivo Alfonso Basterra e Rosario Porto durante o xuízo. EUROPA PRESS/Arquivo
G24.gal 22/02/2025 11:54 Última actualización 22/02/2025 12:16

Alfonso Basterra, condenado a 18 anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta en setembro de 2013 en Santiago, será trasladado ao cárcere de Topas, en Salamanca, desde o centro penal de Teixeiro, onde permanece interno desde hai 11 anos.

O cambio producirase a pedimento do propio Basterra, despois da autorización da Xunta de Tratamento do penal e da Secretaría Xeral de Institucións Penais, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press.

A nai da menor, Rosario Porto, quitouse a vida na prisión de Brieva, en novembro de 2020, mentres cumpría a mesma pena. As condenas foron ratificadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia primeiro e, posteriormente, polo Tribunal Supremo.

Unha novela

Hai unhas semanas, transcendeu a publicación da primeira novela de Basterra, titulada Cito, da man de edicións Vitruvio, que dedica á nena. O libro, escrito na prisión de Teixeiro, conta "unha historia de amor e desamor", a través dun médico dun pobo situado en Castela e León.

Segundo a editorial, o reo está a escribir unha segunda parte, "deixando que a literatura lle axude no seu día a día".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade