Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden doce anos e medio de prisión para un home por violar a súa parella como "castigo de Deus"

Piden doce anos e medio de prisión para un home por violar a súa parella como "castigo de Deus"

A nai da vítima apuntou que o acusado lle dicía que a súa filla era "impura" e que "a tiña que castigar" chegando a ameazalas "con vudú e bruxería"

O fiscal considéralle autor dun delito de agresión sexual con penetración, un delito contra a integridade moral, un delito de violencia sobre a muller e un delito leve de vexacións

 

Entrada da Audiencia Provincial de Pontevedra/ Gustavo de la Paz / Europa Press Entrada da Audiencia Provincial de Pontevedra/ Gustavo de la Paz / Europa Press
G24.gal 22/04/2025 21:02

A Fiscalía solicitou doce anos e medio de prisión e seis de liberdade vixiada para un home acusado de violar e maltratar á súa parella en 2021, como ela mesma relatou no xuízo, como "castigo de Deus".

No xuízo, que se celebrou na Audiencia de Pontevedra, a vítima, que declarou protexida detrás dun biombo para non ver a súa exparella, explicou que durante eses episodios o acusado dicíalle que "tiña que pagar polos meus pecados".

"Quixo acabar coa miña vida. Téñoo claro", sostivo a muller, que asegurou que durante os anos que mantiveron a súa relación "fíxome de todo".

Esta versión foi corroborada pola nai da vítima que detallou ante o tribunal como o seu ex xenro dicíalle que a súa filla era "impura" e que, debido ao seu comportamento, "tíñaa que castigar" chegando a ameazalas con facerlles "vudú e bruxería".

O acusado, pola súa banda, defendeu a súa inocencia e reiterou que todas as relacións sexuais que mantivo coa súa parella foron consentidas. Ademais, afirmou que era el a quen ela lle dicía que "che vou a foder vivo" e  sentía "medo" por como podía actuar a muller.

O fiscal considéralle autor dun delito de agresión sexual con penetración, un delito contra a integridade moral, un delito de violencia sobre a muller e un delito leve de vexacións.

Xunto coa pena de prisión, reclama que o tribunal lle prohiba achegarse ou comunicarse ca súa exparella durante catorce anos, que lle impidan portar armas durante dous anos e medio e que indemnice á vítima con case 29.000 euros por danos morais, lesións físicas e secuelas. A defensa do acusado pediu a libre absolución do seu cliente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade