Sonsoles Ónega gaña o premio Planeta cunha novela que reinvindica as mulleres das conserveiras galegas

Ónega di que buscou facer xustiza a todas as mulleres traballadoras das fábricas de conservas que humanizaron as factorías
A xornalista e escritora Sonsoles Ónega gañou o premio Planeta, dotado cun millón de euros, coa novela Las hijas de la criada. A gañadora, que se presentou baixo o pseudónimo de Gabriela Montes, ocultara o título da súa novela baixo o ficticio Outono sen ti.
Conta a historia de tres xeracións dunha familia galega que crea un imperio conserveiro a principios do século XX. Ónega di que buscou facer xustiza a todas as mulleres traballadoras das fábricas de conservas que humanizaron as factorías, sempre ás ordes dun patrón. O premio Planeta está dotado cun millón de euros e a novela publicarase o 8 de novembro.