Publicador de contidos

Publicador de contidos

De Burgos Bengoechea rompe a chorar: "Ao meu fillo dinlle no colexio que son un ladrón"

De Burgos Bengoechea rompe a chorar: "Ao meu fillo dinlle no colexio que son un ladrón"

O árbitro da final non puido conter as bágoas ao lembrar situacións que está a sufrir

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 25/04/2025 16:20 Última actualización 25/04/2025 16:32

O árbitro da final de Copa do Rei, De Burgos Bengoechea, rompeu a chorar ao lembrar situacións que está a sufrir el e a súa familia.

"Cando un fillo teu vai ao colexio e dinlle que o seu pai é un 'ladrón' e chega a casa chorando, é moi fodido".

"O día que me vaia de aquí, quero que o meu fillo estea orgulloso do que foi o seu pai e o que é a arbitraxe. O que fago é tentar educar ao meu fillo para dicirlle que o seu pai é honrado, que se equivoca como un deportista máis. É moi fodido, non llo recomendo a ninguén. afirmou De Burgos Bengoechea.

O árbitro do VAR da final de Copa do Rei entre o Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid, Pablo González Fortes, reflexionou tamén de forma dura ao vídeo publicado do Real Madrid en RMTV.

"Non hai dereito co que estamos a pasar moitos compañeiros e compañeiras, non só do fútbol profesional, tamén do fútbol basee. Que cada un faga unha reflexión de por onde queremos ir, do que queremos do deporte e do fútbol", sentenciou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade