Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gilsanz, sobre Mella: "É unha lesión pequena, pero hai que respectar uns prazos, imos ser cautos"

Gilsanz, sobre Mella: "É unha lesión pequena, pero hai que respectar uns prazos, imos ser cautos"

O técnico do Deportivo, non se conforma cos 50 puntos obtidos ata o de agora

Foto Deportivo
G24.gal 25/04/2025 12:47 Última actualización 25/04/2025 13:00

Óscar Gilsanz, técnico do Deportivo, non se conforma cos 50 puntos obtidos ata o de agora, que case dan a permanencia en Segunda, e quere máis nas seis xornadas que restan, segundo expuxo este venres durante a rolda de prensa previa á visita ao Rácing de Santander o domingo no Sardinero.

Ao técnico de Betanzos preguntáronlle se se xoga a súa continuidade neste fin de curso

"Creo que o máis importante sempre é o Deportivo e non eu, e moito menos en canto a obxectivos. Xogamos moito porque antes preocupeime de lembrar que os 50 puntos é unha barreira referencial, pero non garante nada. Á parte, quedan 18 puntos en xogo e temos que tentar gañar estes primeiros tres puntos.

"A primeira pregunta non é para min e eu estou totalmente centrado no Deportivo e non hai ningunha outra opción. Estou totalmente centrado no Deportivo, pero non para o que poida pasar, senón de fronte ao domingo, ao Rácing. Nada máis".

A Gilsanz preocúpalle a lesión de Mella, que podería non volver xogar ata a próxima temporada.

"É unha lesión pequena pero hai que respectar uns prazos. Imos ser cautos. Fálase de 3 ou 4 semanas, depende da evolución".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade