Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mouriz: "Mentres hai vida, hai esperanza, e vou pelexar ata o final, convencido"

Mouriz: "Mentres hai vida, hai esperanza, e vou pelexar ata o final, convencido"

Mouriz está convencido de que o equipo ten calidade para saír do descenso

G24.gal 10/02/2025 15:38 Última actualización 10/02/2025 16:53

Cun saldo de vitoria e derrota, a era Menéndez empeza cunha de cal e unha de area no Rácing Club Ferrol e este luns o director xeral e deportivo do club, Carlos Mouriz, ofreceu unha rolda de prensa para dar conta dun axitado mercado de inverno.

As saídas de Moi Delgado (Huesca), Delmás (Cartaxena) e Bebé (Eivisa), sumadas á saída de Álex López marcaron a pauta da reestruturación dun plantel á que se incorporaron os cedidos Raúl Blanco e Naim García, así como Emanuel Insúa e o retornado Héber Pena.

"Discuto con Héber de maneira intensa como son eu. Digo o que penso, cando me equivoco pido desculpas e cando acerto non digo nada".

"Non teño nada en contra dos de casa nin dos de fóra. Acaba de estar aquí connosco charlando Jon García".

Mouriz está convencido en que o equipo ten calidade para saír do descenso.

"Estamos en descenso. Está a custarnos Deus e axuda. É fácil dicir... ficháchelos ti".

"O potencial é maior que o rendemento que están a dar, estou convencido. Sen dúbida. Temos que mover o avespeiro".

Preguntáronlle se pensa xa na planificación para a vindeira temporada cun equipo en primeira federación

"Non, mentres hai vida, hai esperanza. Vou pelexar ata o final, convencido".

"Podemos facelo, non somos tan malos e temos tempo para cambiar a situación. Non vou pensar en algo que non quero nin desexo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade