Cargando resultados...
Álex López: "Toca dar un paso a un lado, pero son feliz porque cumprín os meus soños"
Álex López despediuse esta mañá do Rácing, do racinguismo e do fútbol
G24.gal
06/02/2025 15:42
Última actualización 06/02/2025 15:48
Álex López despediuse esta mañá do Rácing e do racinguismo. Vaise entregando a última camiseta que vestiu da entidade e co aplauso de todos os compañeiros que estiveron no acto.
Apártase, emocionado, para mellorar a calidade futbolística do vestiario.
"Toca dar un paso a un lado pero son feliz porque cumprín os meus soños".
"Non é un sacrificio porque o máis importante é que o Rácing funcione".
"Temos capacidade para saír da situación actual. Un día veremos o Rácing en 1ª".
Álex López vaise do campo, pero nunca do Rácing, porque é deses que farían calquera cousa polo seu equipo.