O Leyma reforza o xogo exterior coa incorporación do dominicano Ángel Núñez
Procede do Slask Wroclaw da liga polaca, onde ademais tivo participación na Basketball Champions League
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250206/leymanunezweb.jpg)
O Leyma Coruña incorpora o dominicano Ángel Thomas Núñez Castillo para esta tempada 24-25. Núñez recala nas filas laranxas procedente do Slask Wroclaw da liga polaca, onde ademais tivo participación na Basketball Champions League.
O novo xogador do Leyma Coruña formouse a nivel baloncestístico na liga universitaria americana (NCAA). Alí disputou catro tempadas: a primeira nos Louisville Cardinals, as dous seguintes nos Bulldogs de Gonzaga, e unha última e máis destacada nos South Florida Bulls.
Os seus primeiros pasos no baloncesto profesional chegaron da man do Evreux, na segunda división francesa, nunha etapa que precedería unha carreira de auténtico trotamundos: República Dominicana, Estados Unidos, Porto Rico, México e Israel antes de recalar, fai tres campañas, no Ionikos Nikaias grego.
A metade da pasada tempada asinou polo Slask Wroclaw, onde militou ata o momento da súa fichaxe polo Leyma Coruña cun rendemento notable. Na liga doméstica, foi o máximo reboteador -7 rebotes, 2 ofensivos por partido- e o máximo anotador do seu equipo, con 12,9 puntos en 28,5 minutos de xogo.
En canto á competición europea (Basketball Champions League) as súas medias están en 11,8 puntos e 3,6 rebotes en 26,6 minutos de xogo.
Ángel Núñez, polivalencia y tiro exterior al servicio del Leyma Coruña 🏀💪🏼
— Leyma Basquet Coruña 🍊 (@basquetcoruna) February 6, 2025
Bienvenido al equipo y a la ciudad, Ángel! 🫂
🔗 https://t.co/9Yxd5EnouD#FagamosLenda🧡 pic.twitter.com/diFq7nMHDj