Genreau: "Chegoume o interese do Dépor e era o momento de buscar un novo reto"
O pivote admitiu que a adaptación e a transición está a ser "fácil"
Denis Genreau apuntou algunhas das claves que o trouxeron, nunha decisión na que pesaron os feitos de finalizar a súa vinculación co Toulouse nuns anos, as ganas de probar en España e a propia aparición do Dépor:
"Quedábanme seis meses de contrato e había a opción de amplialo ou de buscar unha nova aventura. E para min era o momento de buscar un novo reto. Chegou o interese do Dépor e pensei que era o momento adecuado. É unha aventura emocionante vir aquí. Sempre quixen probar no fútbol español e estou moi emocionado", recoñeceu o xogador.
O francés, criado en Australia, definiuse como "o típico xogador box to box" con capacidade para ser "dinámico" e "construír o xogo, dar o pase final e sacar os córneres".
É versátil, pero sabe onde está máis a gusto.
"Xoguei nos últimos tempos en diferentes formacións; o ano pasado con cinco defensas e dobre pivote. Xogamos tamén un 4-3-3 e era un dos de diante. Tamén xoguei na dereita ou na esquerda, que é non é a miña posición natural. Onde máis cómodo estou é sendo un dos pivotes dun dobre mediocentro", contou.
O pivote admitiu que a adaptación e a transición está a ser "fácil" e que está listo para xogar os minutos que sexan necesarios porque vén rodado de Francia.
"Desde o inicio do ano xoguei ante o Lión e na Copa. Estou en forma e listo para os 90 minutos. Estou emocionado de poder axudar o equipo".