Soriano: "A premisa para que Yeremay se vaia é que o xogador queira dar o paso"
Soriano: "A premisa para que Yeremay se vaia é que o xogador queira dar o paso"
Fernando Soriano cualificou a saída de Lucas como "un golpe anímico e no liderado do equipo"
Fernando Soriano analizou este martes o mercado de fichaxes de inverno que o Deportivo completou e explicou que este período estivo condicionado polo futuro de Yeremay.
O director deportivo situou o inicio das negociacións para a súa renovación o 4 ou o 5 de xaneiro, por tanto, días antes das declaracións do xogador en Málaga.
"Yeremay está feliz e se sente querido", afirmou, antes de recoñecer que a duración do contrato mantívose ata o 2030 e insistir en que o novo contrato subiu a cláusula de rescisión, aínda que evitou dar a súa cifra concreta.
Fernando Soriano considera que o obxectivo ata final de tempada ha de ser saír a gañar todos os partidos. Igual contra o Almería que o Eldense, e ver que rendemento damos no campo"
Tamén falou sobre o futuro de Óscar Gilsanz.
"Día a día. O futuro verémolo. Agora estamos moi contentos, está a conseguir un rendemento importante".
Soriano cualificou a saída de Lucas como "un golpe anímico e no liderado do equipo", á vez que evitou referirse aos desencontros que este mantivera co club.
"É un tema institucional, non está no meu terreo", dixo, á vez que afirmou que a dirección deportiva dispoñía de máis límite salarial para gastar e que non meditaron a chegada dun novo central.