O Deportivo logra a cesión do lateral serbio Nemanja Tosic (F. C. Zürich)
O Deportivo logra a cesión do lateral serbio Nemanja Tosic (F. C. Zürich)
No seu acordo co F. C. Zürich, a entidade branca e azul incluíu unha opción de compra sobre os dereitos federativos do xogador
O R. C. Deportivo e o F. C. Zürich chegaron a un acordo para que o lateral esquerdo serbio Nemanja Tosic xogue o que resta de tempada no conxunto español.
O futbolista, de 28 anos, chega a Riazor para suplir a baixa de Sergio Escudero, quen se perderá o que resta de campionato tras confirmarse que debe pasar polo quirófano para liquidar a súa lesión no cóbado.
Tosic apenas tivo protagonismo no equipo suízo, ao que chegou o pasado verán procedente do FK Cukaricki, co que disputou máis de 130 encontros na máxima categoría do seu país e disputou a Conference League.
No seu acordo co FC Zürich, a entidade branquiazul incluíu unha opción de compra sobre os dereitos federativos do seu cuarto reforzo invernal tras Diego Gómez, Zakaria Eddahchouri e Denis Genreau.