Cargando resultados...
O CHUAC fixo 309 transplanates de órganos en 2024, récord histórico do centro
O CHUAC fixo 309 transplanates de órganos en 2024, récord histórico do centro
A metade dos transplantes foi de ril
G24.gal
29/01/2025 12:48
O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña consolídase como un dos hospitais españois con maior número de transplantes de órganos ao ano; en 2024 foron 309, o que supón o seu récord histórico.
Case a metade dos transplantes totais, 147, foron de ril; 64, de fígado; 64, de pulmón; 30, de corazón, e 4, de páncreas.
Segundo o resumo de actividades do centro, no hospital coruñés doaron os seus órganos 37 persoas, cunha idade media de 57 anos.
A taxa de doazón da Área Sanitaria da Coruña e Cee subiu ata os 67,5 doantes por cada millón de habitantes, moi por riba da media estatal e autonómica.