Publicador de contidos
Publicador de contidos

España, líder mundial en transplantes durante 33 anos consecutivos

España, líder mundial en transplantes durante 33 anos consecutivos

En 2024 realizáronse en España 6.464 transplantes, un 10 % máis que o anterior

A taxa de doantes sitúase en 52,6 por millón de habitantes, dous puntos por riba dos obxectivos marcados pola ONT

 

G24.gal 16/01/2025 11:33

España realizou 6.464 transplantes en 2024, un 10 % máis que en 2023, grazas ás 2.562 persoas que doaron os seus órganos tras falecer. O volume de doazóns medrou un 9 % e permite manter o noso país como o líder indiscutible nesta actividade durante 33 anos seguidos.

Así se desprende do balance realizado este xoves pola directora da Organización Nacional de Transplantes (ONT). Segundo o último informe, a taxa de transplante situouse en 132,8 por millón de poboación, a maior rexistrada ata a data, e a taxa de doantes é de 52,6 por millón, superando así o obxectivo de 50 que se marcou a ONT.

"Somos imbatibles en solidariedade", celebrou a ministra de Sanidade, Mónica García.

España supera por moito o índice de actividade rexistrado no resto do mundo, como nos Estados Unidos (48,1); O Canadá (21,4); Australia (19,4) ou no conxunto da Unión Europea (22,9).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade