Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Axencia galega de Doazón de Sangue fai un chamamento para que a xente acuda a doar

A Axencia galega de Doazón de Sangue fai un chamamento para que a xente acuda a doar

Nestas datas de Nadal fan falta reservas, principalmente, dos grupos B positivo, 0 negativo e A negativo

Por toda Galicia hai cada día 10 unidades móbiles nas que poder doar e sete locais permanentes de doazón das principais cidades galegas

Para atender os pacientes nos hospitais precísanse unhas 500 doazóns diarias

G24.gal 21/12/2024 20:37

Desde a Axencia galega de Doazón de Sangue fan un chamamento para que a xente acuda a doar. Nestas datas de Nadal fan falta reservas.

"Son datas nas que precisamos ter as nosas reservas ben dimensionadas. E lembrar esa necesidade que se fai nos grupos B positivo, 0 negativo e A negativo", destacou Marisa López, directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

Destacan que hai moitas persoas nos hospitais que precisan unha transfusión debido non só a intervencións cirúrxicas, ou porque sufriron un accidente, senón tamén por outros problemas de sáude. Para poder atendelos e seguir cunha actividade hospitalaria normal precísanse unhas 500 doazóns de sangue cada día.

"Temos que lembrar que non só os compoñentes van dirixidos a intervencións urxentes ou transplantes, senón que a maior parte destes compoñentes van a pacientes crónicos a maior parte oncolóxicos", engadiu Marisa López.

Desde a Axencia de Doazón de Sangue fan un chamamento a doar antes de viaxar polas festas de Nadal. 

"Non esquezan antes de marchar que se dispoñen de 15 minutos libres pois poder doar", aseverou.

Lembran que poden facelo nalgunha das dez unidades móbiles que percorren diariamente os concellos de Galicia ou nalgún dos sete locais permanentes de doazón das principais cidades galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar