Publicador de contidos
Publicador de contidos

O galego Manuel Iglesias logra clasificarse entre os dez mellores fotógrafos do mundo.

O galego Manuel Iglesias logra clasificarse entre os dez mellores fotógrafos do mundo.

Recoñecido como o mellor fotógrafo de vodas de España conta tamén con distincións internacionais

Manuel pertence a terceira xeración da familia de fotógrafos Lesmes, de Ribeira

 

 

G24.gal 21/12/2024 16:01

"Facer a foto dun vestido sen que haxa ningunha persoa por alí non é. A roupa é fea se non a pon a persoa,  por iso se me ocorreu esta idea.  Quería tamén romper as liñas da porta da casa, do espello, coas curvas da chica.  Ao final a imaxe resultou potente",  di Manuel Iglesias de Lesmes Fotógrafos.

Con esta foto da silueta dunha noiva reflexada no espello e o vestido aínda colgado na percha, Manuel Iglesias lograba facerse co título de mellor fotógrafo de vodas de España, hai uns meses. A mesma obra leva o ribeirense ao podio dos dez mellores fotógrafos do mundo.


"Cando me chaman e me din isto, ese é o premio: estar defendo a España é o premio. Neste país parece que só hai fútbol pero hai moitas cousas que a xente debera valorar", di Manuel.


A última fase do concurso celebrarase no mes de marzo en Ecuador.


"Esta foto xa está feita non, a seguinte que faga non podo copiala porque funciona. Xa está, hai que seguir reinventándose, intentando progresar", di Manuel.


Estoutra foto, da voda de Ana Peleteiro tamén pasou a preselección do certame internacional pero non chegou á fase final. Nomes coñecidos e outros anónimos figuran na axenda de clientes de Manuel, completa xa ata o 2026.

"O único que me fastidia destas cousas é que non o poida ver meu pai", engade.


Manuel forma parte da terceira xeración dunha familia de fotógrafos, que suman recoñecementos en España e en Europa. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade