Máis de 140 estudantes galegos recolleron os premios académicos que recoñecen o seu esforzo
Máis de 140 estudantes galegos recolleron os premios académicos que recoñecen o seu esforzo
Alfonso Rueda loubou a labor das familias e dos mestres e dixo que a Xunta traballará para que os mozos poidan ter futuro en Galicia
Educación e talento déronse cita na Cidade da Cultura de Santiago. 142 estudantes galegos recolleron o premio que recoñece a súa valía e o seu sacrificio.
Rosalía Bernardo, unha as estudantes premiadas asegurou que "a saída da gaiola de silencios que nos afasta do mundo é a educación, que supón o paso primeiro cara a igualdade, polo que é imprescindible que chegue a todas e cada unha das persoas".
O presidente da Xunta puxo en valor o papel das familias e dos mestres. Alfonso Rueda comprometeuse a que os estudantes teñan en Galicia oportunidades de futuro. "Un país con talento é un país con futuro e o talento hai que estimulalo, detectalo e empuxalo. O deber das administracións, por suposto da Xunta de Galicia, é que todo o esforzo lles valga a pena e que se sigan formando e cando se formen que teñan as posibilidades para poder traballar se queren en Galicia", dixo Rueda.
No acto tamén se recoñeceu o esforzo dos estudantes que destacaron pola súa superación persoal.