Publicador de contidos
Publicador de contidos

A conselleira de Igualdade di que "Galicia fai os deberes" na atención ás vítimas de violencia sexual

A conselleira de Igualdade di que "Galicia fai os deberes" na atención ás vítimas de violencia sexual

Galicia abriu os cinco centros previstos para atender estas vítimas, o último deles en Ferrol

Fabiola Gracia sinala que están "plenamente operativos" e que se cumpriron os prazos previstos

G24.gal 21/12/2024 15:48

Un dos centros de atención a vítimas de violencia sexual foi obxecto hoxe dunha visita informativa da conselleira de Política Social e Igualdade.

Fabiola García visitou o punto de atención existente en Ferrol, que onte abriu as súas portas, e fíxoo na compaña do alcalde da cidade e da subdelegada do Goberno en Galicia. Destacou que na nosa comunidade hai xa cinco centros de crise deste tipo con asistencia ininterrompida.

A titular de Igualdade indicou que “Galicia cumpre e fai os deberes” ao conseguir poñer en marcha os centros de crise dentro do prazo establecido polo ministerio de Igualdade, un prazo que se ampliará en breve ata xuño do ano vindeiro. A Xunta investiu once millóns de euros para garantir o funcionamento destes centros, situados en Santiago, Ferrol, Vigo, Ourense e Lugo.

"Cinco centros que os situamos nos principais hospitais de Galicia con ese obxectivo: darlles atención especializada 24 horas ao día os 365 días do ano a todas as mulleres que están sendo vítimas de violencia sexual. Polo tanto, as sete profesionais que forman parte deste centro estou segura de que lle van dar esa atención nun momento crítico, nun momento en que son vulnerables para que poidan saír adiante, para que poidan volver camiñar en liberdade", explicou Fabiola García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade