Un ensaio clínico estudará en Galicia se os cogomelos medicinais poden frear o alzhéimer precoz
Un ensaio clínico estudará en Galicia se os cogomelos medicinais poden frear o alzhéimer precoz
O proxecto co nome AI-VIDDA está financiado pola Axencia Galega de Innovación, o Igape e a UE
Dentro desta iniciativa, e empresa Hifas da Terra liderará a investigación biotecnolóxica utilizando extractos de fungos medicinais
Esta investigación espera contar cuns 500 pacientes na que se verá a súa evolución durante uns seis meses
Un ensaio clínico vai investigar en Galicia se os activos dos cogomelos medicinais poden frear o alzhéimer precoz.
Os principios activos de cogomelos medicinais poderían frear determinadas patoloxías.
O proxecto co nome AI-VIDDA, está financiado pola Axencia Galega de Innovación, o Igape e a UE. Será o primeiro ensaio clínico con cogomelos medicinais para frear a deterioración cognitiva en doentes con alzhéimer.
Dentro desta iniciativa, e empresa Hifas da Terra liderará a investigación biotecnolóxica utilizando extractos de fungos medicinais.
"Cada especie de cogomelo ten uns principios activos. Nós somos especialistas en buscar como concentrar os principios que son máis útiles para cada patoloxía, neste caso par deter as patoloxías neurolóxicas", di Esteban Sinde, presidente e director de innovación do Grupo Hifas.
Neste ensaio clínico tamén xogará un papel importante a Intelixencia Artificial, a través de parámetros de seguimento automatizados, xestionaranse os datos acadados.
Esta investigación espera contar cuns 500 pacientes na que se verá a súa evolución durante uns seis meses.
Todo o proceso do ensaio clínico rematará previsiblemente a finais de 2026 coa publicación dos resultados da investigación.