Publicador de contidos
Publicador de contidos

A existencia de débedas é a principal causa pola que se renuncia a unha herdanza

A existencia de débedas é a principal causa pola que se renuncia a unha herdanza

Un de cada seis españois renunciaron ao seu herdo en 2023

G24.gal 15/01/2025 20:21

Un de cada seis españois renunciaron á súa herdanza en 2023. Das case 355.000 herdanzas dese ano, algo máis de 56.000 foron rexeitadas. Estas cifras foron publicadas hai un ano polo Consello Xeral do Notariado e ata o de agora non foron actualizadas. É a proporción máis elevada de herdanzas rexeitadas desde que o Consello notarial comezou a realizar estas estatísticas en 2012. 

No despacho de avogados Torres Díaz apuntan a razóns de índole persoal, como as relacións entre os herdeiros, como unha das causas. Mais a principal é económica. "A existencia de débedas nas herdanzas fai que moitas veces os herdeiros pensen ou efectivamente renuncien", asegura o avogado Jaime Martul.  

Ninguén está obrigado a aceptar unha herdanza, pero tamén hai alternativas á renuncia que protexen a persoa que herda. Existe o dereito a deliberar coa posibilidade de realizar un inventario e decidir nun prazo establecido se se acepta ou non.

Tamén se pode optar pola chamada aceptación a beneficio de inventario, que protexe o patrimonio particular de quen herda: é dicir, das débedas que existan na herdanza da persoa falecida só vai responder o patrimonio do propio falecido, explican no Despacho Torres Díaz.

Herdar supón dereitos e obrigas, polo cal, sinalan, o importante é estar informado para saber que decisión adoptar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade