Chamamento a doar sangue polas reservas baixas de A+, A- e 0-
Chamamento a doar sangue polas reservas baixas de A+, A- e 0-
A Axencia de Doazón lembra a importancia de doar nas vésperas e nos días posteriores aos festivos
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembrou a necesidade de doar sangue "sempre" nas xornadas inmediatamente anteriores ou posteriores aos días festivos, como sucede no mes de xaneiro coas datas de Nadal.
Nun comunicado, constatou que as reservas dos grupos A+, A- e 0+ están en niveis baixos. Neste sentido, ADOS lembra que todos os días do ano necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir adecuadamente as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios.
Ata o Día de Reis, en diferentes xornadas, as unidades móbiles estarán en varias cidades e outras localidades galegas como As Pontes, Carballo, Ribeira, lalín, A Guarda, A Pastoriza, Mondoñedo, Narón, Betanzos, A Illa de Arousa, Noia, Marín e Redondela, entre outras.