Publicador de contidos
Publicador de contidos

Algúns xoguetes están esgotados desde hai semanas

Algúns xoguetes están esgotados desde hai semanas

Nas xogueterías atendían esta tarde pedidos de última hora

Moitas tendas de agasallos estarán abertas o domingo

 

G24.gal 04/01/2025 21:23 Última actualización 04/01/2025 22:39

As xogueterías do país atenden os pedidos das cartas aos Reis Magos que chegaron máis atrasadas. Pero completar a lista de agasallos nalgúns casos xa vai ser imposible. Entre o apalpador e o Papá Noel acabaron coas existencias dalgúns xoguetes concretos.

"Si, hai moitas cousas que se esgotaron no Nadal e que puidemos repoñer para Reis, pero cos de máis éxito foinos imposible. O xogo de construción de Nano Crafs e a caixa forte de Vtech", di Manuel Villar.

Entre os máis solicitados tamén hai algúns clásicos que facilitan acertar na elección.

"O que teñen os de Playmobil ou Lego é que tampouco buscan algo moi concreto e se non hai o que están pedindo, si que hai outras posibilidades porque son compatibles".
"Estase volvendo ao xoguete tradicional para o neno pequeno, pídese moito xoguete de madeira", di Manuel Villar.

Negocios coma este de Santiago viven nestes días o momento de maior actividade. A compra media supera os 30 euros por cliente.

"Eu escribín, si, para min e para os netos".

"Eu leo as cartas e intento facer a elección dos agasallos".

"Eu pedín un boneco, unha cadeira gaming".

"Hai cousas que son complicadas de atopar e que hai que preguntar en varios lugares, dar as indicacións concretas para que as atopen", contan varias persoas.

"Que me traian todo o que pedín", di un neno.

O que é seguro é que o cariño e a ilusión que contén cada paquete farao chegar ao seu destino xusto a tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade