Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os postos das feiras son unha fonte de inspiración á hora de buscar agasallos

Os postos das feiras son unha fonte de inspiración á hora de buscar agasallos

Ofrecen variedade de mercadoría e de prezos 

Botar unha ollada é unha forma de pasar o tempo

 

G24.gal 05/01/2025 14:45 Última actualización 05/01/2025 16:37

A chuvia incesante fai que a feira de Chantada diste de ser a habitual, cando os comerciantes toman as rúas do centro cos seus postos. Nesta ocasión, son poucos os que desafían as inclemencias do tempo.

Con todo, hai onde escoller. Ademais de alimentación e roupa tamén hai postos con mercadoría moi diversa. Para os atrasados cos agasallos dos Reis Magos, pode ser unha opción.

Saberase en cuestión de horas, porque aínda que a chuvia é constante, os Reis Magos teñen todo o protagonismo. Pasear, mirar ou comprar son formas de agardar a chegada da noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar