Un incendio devora o Club de Remo da Pobra do Caramiñal
Un incendio devora o Club de Remo da Pobra do Caramiñal
O lume foi xa extinguido tras provocar importantes danos nas instalacións e estragar embarcacións e material náutico
Os bombeiros de Ribeira e Boiro conseguiron evitar que as lapas chegasen ás casas e a unha gasolineira próxima
Un fallo eléctrico podería ser a causa do incendio
Un incendio moi virulento arrasou as instalacións do club de remo da Pobra do Caramiñal. O lume estragou embarcacións e material náutico e provocou importantes danos no edificio.
As lapas propagáronse con rapidez pero os bombeiros de Ribeira e Noia impediron que se estendera ás casas e que afectara unha estación de servizo que hai a carón do edificio queimado.
O alcalde confirmoulle á Radio Galega que non houbo feridos. As forzas de seguridade investigan as causas. Crese que puido deberse a un fallo eléctrico.
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira conseguiron extinguir as lapas despois de dúas horas de intervención.
No operativo participaron efectivos do parque provincial de bombeiros de Boiro, a Policía Local, a Garda Civil e un voluntario de Protección da Pobra.