Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intoxicadas catro persoas en Monterrei por inhalación de monóxido de carbono

Intoxicadas catro persoas en Monterrei por inhalación de monóxido de carbono

Segundo os bombeiros, fixeron unha grellada dentro dun cuarto que carecía de ventilación

Os afectados tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario

 

Arquivo Arquivo
G24.gal 06/01/2025 10:39

Catro persoas tiveron que ser trasladadas a un centro sanitario de Monterrei (Ourense) por inhalación de monóxido de carbono.

O suceso tivo lugar sobre as 15:15 horas deste domingo. Segundo o 112 Galicia, os afectados estaban a facer unha grellada no lugar da Pousa.

Ata alí trasladáronse efectivos do servizo de emerxencias sanitarias Galicia-061, dos bombeiros de Verín, da Garda Civil e do Grupo de Voluntariado de Protección Civil de Monterrei.

Tras facer as medicións pertinentes, os bombeiros confirmaron a existencia dunha intoxicación por monóxido de carbono. Segundo indicaron, a causa da mesma foi ter empregado a grella dentro dun cuarto sen ventilación.

Despois de apagala e ventilar o cuarto, o persoal médico trasladou as catro persoas afectadas a un centro hospitalario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar