Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incendios sen feridos nunha vivenda en Cangas e nun cuberto en Moaña

Incendios sen feridos nunha vivenda en Cangas e nun cuberto en Moaña

No domicilio cangués ardeu a leña gardada para a cheminea e no pendello de Moaña as lapas calcinaron dúas motos e maquinaria agrícola

Cuberto incendiado en Moaña (TVG).
G24.gal 07/01/2025 12:01

Martes de traballo intenso para os bombeiros do Morrazo por mor de senllos incendios que se rexistraron en pouco espazo de tempo en Moaña e Cangas.

O lume arrasou por completo unha das estancias dunha vivenda na rúa Real de Cangas, en concreto, no cuarto onde se almacenaba leña para a cheminea. A inquilina do inmoble foi desaloxada, pero non quedou ferida. A intensa fumareda que se formou si afectou dous pisos. Os bombeiros do Morrazo conseguiron extinguir o incendio sen que se propagase.

Os efectivos de emerxencias tiveron que intervir pouco despois polo lume nun pendello en Moaña. Cando chegaran os donos xa conseguiran sufocar en boa medida o incendio, evitando que chegase á casa. As lapas queimaron dúas motos, maquinaria agrícola e destinada á elaboración de viño que gardaban no cuberto. Por sorte, non quedou ninguén ferido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar