Publicador de contidos
Publicador de contidos

ADOS e Monbus Obradoiro únense para fomentar a doazón de sangue

ADOS e Monbus Obradoiro únense para fomentar a doazón de sangue

Entre as urxencias e as intervencións cirúrxicas, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 unidades ao día

G24.gal 13/11/2024 14:20

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e o Monbus Obradoiro poñen en marcha unha promoción para invitar a cidadanía compostelá a participar na campaña de doazón de sangue deste outono. O próximo mércores 20, xogadores e equipo técnico estarán na Praza Roxa e entregarán aos doantes artigos promocionais do equipo. 

"Estamos encantados de colaborar. Unha boa parte dos xogadores e o equipo técnico pasaremos por alí e animaremos a xente e tamén hai unha promoción de entradas para que os que vaian chegando teñan unha entrada gratis para o próximo partido", declarou Gonzalo Rodríguez, adestrador do Monbus Obradoiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade