O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+ e A-
O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+ e A-
Fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún dos sete puntos permanentes situados nas cidades
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda a doar sangue, especialmente dos grupos A positivo e A negativo, ao atoparse en nivel baixo.
Ademais, os grupos 0 negativo, 0 positivo, B negativo e B positivo están en nivel normal e os grupos AB positivo e AB negativo en nivel bo.
ADOS advertiu de que nos hospitais hai moitas persoas que precisan dunha transfusión por motivos variados. Así, para poder atendelos, estima que se precisan case 500 doazóns diarias.
Neste contexto, fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún dos sete puntos permanentes situados nas cidades.
Por outra banda, a ADOS leva este luns ata o concello de Muros a campaña especial de doazón 'Somos olímpicos'. Por tanto a unidade móbil estará estacionada durante esa xornada diante do Concello das 10.00 ás 14.00 horas e das 16:15 ás 21:00 horas.