Publicador de contidos
Publicador de contidos

As 22.500 doazóns de sangue no verán permitiron realizar 11.300 intervencións en Galicia

As 22.500 doazóns de sangue no verán permitiron realizar 11.300 intervencións en Galicia

Galicia é a quinta comunidade en doazón de sangue, unha posición que se consolida cos datos da campaña de verán

G24.gal 04/09/2024 14:11

Galicia é a quinta comunidade en doazón de sangue, unha posición que se consolida cos datos da campaña de verán. Dende xuño recolléronse case 22.500 doazóns, que permitiron realizar 11.300 intervencións cirúrxicas e transfundir plaquetas a máis de 5.600 pacientes oncolóxicos.

"Foi unha boa campaña, empezamos o Día Mundial do Doador de Sangue, estamos aínda inmersos ata mediados de mes, e os resultados foron bos", asegura a directora da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue. E o conselleiro de Sanidade quixo incidir na elevada taxa de doazón dos ferroláns: "Un recoñecemento especial á xente de Ferrol, solidaria, estamos por riba da media galega en doazóns, cunhas 47 por mil habitantes e ano".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade