A Gramola Gominola fixo bailar o Gaiás coas cancións de Nadal do seu último disco
A Gramola Gominola fixo bailar o Gaiás coas cancións de Nadal do seu último disco
O Nadal coa avoa Fina é o título do disco, que está dedicado a todas as avoas
O concerto no Museo Centro Gaiás forma parte da súa xira Aí vén o apalpador!
Nada máis comezar, o concerto xa se converteu nunha pista de baile. Son as fans máis fieis da Gramola Gominola. As que saben as cancións e non paran de escoitalas
"Practicamente todas, de tanto escoitalas".
"Na casa, no coche, en todos os sitios, pero é a primeira vez que os escoitamos en directo".
"Si, gústanos moito. Coñecémolos en Pontevedra, cando foi o Salón do Libro, e despois seguímolos bastante, vimos un par de concertos máis".
Cantan e bailan as cancións do último disco da banda, O nadal coa avoa Fina, unha avoa loitadora que ten unha horta e tres ferrados de forza.
"Temos nenos e son fans da Gramola Gominola desde sempre. Sempre o pasan moi ben nos concertos, son moi interactivos, encántanlles".
"Sobre todo é un concerto de rock and roll para as máis pequenas e pequenos, para que se divirtan moito. É un concerto de despedida do Nadal", explica Paula Romero, cantante da Gramola Gominola.
O concerto desta tarde na Cidade da Cultura forma parte da súa xira Aí vén o apalpador. O rock and roll da Gramola Gominola soará mañá para despedir o Nadal na Alameda de Ordes.