Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis Magos culminan con éxito o seu periplo por Galicia malia o temporal

Os Reis Magos culminan con éxito o seu periplo por Galicia malia o temporal

Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron as principais localidades, en dúas xornadas de traballo, antes de deixar os agasallos

Vigo optou por unha cabalgata estática pero Ourense, Lugo, Pontevedra, A Coruña e Ferrol mantiveron os desfiles na rúa

Baltasar saúda na cabalgata da Coruña
G24.gal 05/01/2025 09:48 Última actualización 05/01/2025 21:43

O mal tempo non puido coa visita dos Reis Magos a Galicia que, malia teren unha dobre xornada de traballo, souberon adaptarse ás condicións meteorolóxicas para poder saudar e recibir a cativada das diferentes localidades.

Este domingo, as súas maxestades de Oriente foron madrugadoras e desde as 11:00 horas recibiron nunha cabalgata estática no Ifevi, en Vigo, aos máis pequenos. Con todo, os primeiros asistentes atopáronse con retencións na AP-9 no acceso ao recinto.

O tempo acompañou e en Ourense, aínda que o percorrido sufriu modificacións, os Reis Magos saíron do Pavillón dous Remedios e as rúas enchéronse de música, animación e caramelos.

Vigo optou por unha cabalgata estática no Ifevi Vigo optou por unha cabalgata estática no Ifevi

Pequeno cambio

En Pontevedra, o percorrido realizouse sen ningún incidente, pero houbo un pequeno cambio. O pesebre decorativo de San Francisco caeu por mor do temporal polo que se modificou o final da cabalgata e a adoración ao neno Xesús celebrouse no Concello.

Cun desfile titulado "Nadal Naval", Melchor, Gaspar e Baltasar recalaron en Ferrol. Este ano, non lograron realizar a súa tradicional travesía en barco, pero puideron percorrer as rúas ata chegar ao Concello.

As súas maxestades de Oriente tamén estiveron en Pontevedra

A Coruña e Lugo

Minutos despois das 18:00 horas, os veciños de Monelos foron os primeiros en ver aos tres Reis Magos na Coruña. 

Alí, estiveron acompañados por unha comitiva de máis de 750 persoas, 16 compañías nacionais e internacionais e 13 carrozas. Tamén participou o autobús de xabarin.galcos Bolechas a bordo 

Animación con enormes osos brancos inchables, pompas de xabón e moita alegría foron os protagonistas do desfile de Lugo, que non tivo modificacións e que contou con catro carrozas e 14 espectáculos teatrais.

No desfile de Lugo participaron catro carrozas

Cabalgatas adiantadas

Algúns concellos, como Santiago, decidiron adiantar ao sábado o percorrido de Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas da cidade.

As súas maxestades de Oriente tamén chegaron un día antes do previsto na Cañiza, Nigrán, Oia, Paderne, Cangas, Verín, Ribadavia ou Sarria.

A chuvia tamén foi protagonista na cabalgata adiantada de Santiago A chuvia tamén foi protagonista na cabalgata adiantada de Santiago
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos