Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis Magos visitan os nenos ingresados no hospital Teresa Herrera da Coruña

Os Reis Magos visitan os nenos ingresados no hospital Teresa Herrera da Coruña

Repartiron agasallos e sorrisos entre as familias e o persoal sanitario

G24.gal 05/01/2025 14:20 Última actualización 05/01/2025 14:52

Viaxaron acompañados pola chuvia e o vento. Chegaron cansos, pero felices e cargados de agasallos. Para os Reis Magos, o hospital Teresa Herrera é parada obrigada na Coruña porque saben que os nenos que están ingresados agardan con ilusión a súa visita.

Recibiunos co seu mellor repertorio de panxoliñas o coro de voces da Agrupación Albéniz. A música seguiunos no seu percorrido pola planta de pediatría. A primeira visita foi para Adrián, un neno de seis anos que rachou o cóbado o venres e tivo que pasar polo quirófano. 

A visita real sempre é motivo de ledicia e ilusión para os cativos ingresados, pero tamén para as familias e para o persoal sanitario. Pouco a pouco, os carriños repletos de regalos foron baleirándose.

Os Reis poderán descansar un par de horas, antes de subir ás carrozas da cabalgata que percorrerá A Coruña desde as seis da tarde. Despois, toca deitarse cedo e soñar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade