Ferrol despide as festas de Nadal coa degustación popular de arroz con leite polo San Xiao
Ferrol despide as festas de Nadal coa degustación popular de arroz con leite polo San Xiao
Durante a xornada repartíronse 2.600 racións desta sobremesa
Como cada 7 de xaneiro, ringleiras de persoas agardaron na praza da Constitución, a carón do Cantón de Molíns, para cumprir coa tradición: degustar o arroz con leite típico desta data. Desta volta repartíronse 2.600 racións.
A degustación popular de balde forma parte das festas patronais de San Xiao. Unha xornada festiva que algúns aproveitaron para alongar as súas vacacións na cidade.
Sobre as orixes do costume de comer arroz con leite polo día de San Xiao non hai certezas. Unha investigación dun xornalista local descubriu a primeira referencia publicada no diario El Correo Gallego en 1762 onde se describía a degustación desta sobremesa pola festa do patrón.
Deste xeito Ferrol pon punto e final ás festas de Nadal.