Publicador de contidos
Publicador de contidos

O chef José Andrés, galardoado na Casa Branca polo presidente dos Estados Unidos

O chef José Andrés, galardoado na Casa Branca polo presidente dos Estados Unidos

Jose Biden concedeulle a Medalla da Liberdade, a máis alta distinción civil dos Estados Unidos, polo seu traballo solidario

G24.gal 05/01/2025 14:18 Última actualización 05/01/2025 15:19

Biden entregoulle a Medalla da Liberdade ao chef José Andrés, a máis alta distinción civil dos Estados Unidos, nun acto que compartiu cunha vintena de galardoados como o actor Denzel Washington ou Hilary Clinton.

Aseguraba Joe Biden no acto que a escolla dos premiados fíxose por seren "persoas extraordinarias que fixeron un esforzo por moldear a cultura e a causa dos Estados Unidos". Agradeceulle ao grupo por traer "sandación e alegría a tantísimas persoas".

De José Andrés destacou o seu traballo por levar alimento a zonas de guerra ou a lugares devastados por catástrofes naturais, nun traballo non exento de risco, como sucedeu en Gaza, onde varios cooperantes morreron polos ataques de Israel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade