Un equipo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo axuda os pacientes a afrontar o seu futuro despois dun infarto

A Unidade de Rehabilitación Cardíaca, que xa atende máis de 200 pacientes ao ano, está formada por cardiólogos, fisioterapeutas, nutricionistas e psicólogos
A ampliación da Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que atende máis de 200 pacientes ao ano, permitirá controlar a saúde cardiovascular de máis usuarios. Alí reciben o asesoramento de cardiólogos, nutricionistas, psicólogos e fisioterapeutas. Un equipo multidisciplinar que lles axuda a afrontar o seu futuro despois de sufrir un infarto.
Con 47 anos Simón sufriu un infarto. Superada a doenza, chegaron as dúbidas e os medos.
A vida continúa e nesta unidade os pacientes afrontan o futuro máis seguros da man de cardiólogos, fisioterapeutas, nutricionistas e psicólogos.
A prevención é a ferramenta máis eficaz. As enfermidades cardíacas son a primeira causa de morte en España.