Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Cuerpo e Yolanda Díaz desbloquean a redución da xornada laboral

Carlos Cuerpo e Yolanda Díaz desbloquean a redución da xornada laboral

 A medida podería chegar ao Consello de Ministros en dúas semanas

G24.gal 15/01/2025 21:09

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo Yolanda Díaz e o ministro de Economía Carlos Cuerpo acordaron este mércores que o próximo 27 de xaneiro se abordará na Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos o acordo de diálogo social para a redución da xornada laboral.

A petición dunha nova reunión, despois do encontro do pasado luns, realizouna o ministro de Economía á vicepresidenta este mesmo mércores. Ambos acordaron verse este mércores pola tarde para dar seguimento ás negociacións entre os ministerios, tras coincidiren o pasado luns na súa postura para seguir reuníndose a negociar a rebaixa da xornada ata as 37,5 horas en 2025.

A medida podería chegar ao Consello de Ministros en dúas semanas

Tanto fontes de Traballo como de Economía coincidiron nesta ocasión na mensaxe trasladada aos medios e manifestaron que seguirán traballando nesta cuestión para que vaia ao Consello de Ministros "canto antes". A medida podería chegar a Consello de Ministros en aproximadamente dúas semanas, segundo os cálculos de Traballo.

Desta maneira, desbloquéase o "veto" que Yolanda Díaz denunciou que o Ministerio dirixido por Carlos Cuerpo estaba a facer sobre a medida. Este bloqueo que denunciou a titular de Traballo estaríase a producir a través da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, órgano en que se deciden e examinan os temas que chegan ao Consello de Ministros e no que finalmente se debaterá a medida o próximo 27 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade