Publicador de contidos
Publicador de contidos

España e Portugal coinciden na importancia de "seguir impulsando" o AVE O Porto-Vigo

España e Portugal coinciden na importancia de "seguir impulsando" o AVE O Porto-Vigo

O secretario de Estado de Transportes reuniuse co seu homólogo portugués para abordar as conexións transfronteirizas

G24.gal 16/01/2025 18:26

O secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, reuniuse este xoves co seu homólogo portugués para abordar as conexións transfronteirizas entre ambos países, sen concretar prazos pola parte portuguesa, mentres que España espera ter a seu parte concluída para o ano 2030, cumprindo coas directrices europeas.

Neste sentido, Santano reiterou o compromiso de España de cumprir co Regulamento da Rede Transeuropea, que o ministerio considera clave para o impulso do transporte europeo sostible e a cohesión social e territorial da Unión Europea.

Así, os dous secretarios de Estado acordaron seguir traballando na construción da liña de alta velocidade Madrid-Lisboa coa firma da decisión de execución da Comisión Europea sobre a conexión transfronteiriza ferroviaria. Os dous secretarios de Estado emprazáronse a continuar traballando nestas conexións,
Tamén se referiron á conexión Vigo-O Porto, coincidindo na importancia de seguir impulsando esta unión a ambos lados da fronteira, un punto fundamental nas conexións ferroviarias entre España e Portugal.

Saúdo de José Antonio Santano co seu homólogo portugués Hugo Espírito Santo. EFE Saúdo de José Antonio Santano co seu homólogo portugués Hugo Espírito Santo. EFE

Os dous secretarios de Estado subliñaron a importancia do Corredor Atlántico, así como o compromiso para o seu desenvolvemento. Adicionalmente, mantiveron o seu compromiso en manter unha posición conxunta ante a UE e Francia para lograr que esta acelere o desenvolvemento da infraestrutura no seu territorio dos tramos transfronteirizos de ambos corredores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade