Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xeo impide a circulación do AVE entre Ourense e Madrid

O xeo impide a circulación do AVE entre Ourense e Madrid

Segundo informa ADIF, o servizo quedou interrompido entre Taboadela e Miamán (Baños de Molgas)

Os pasaxeiros foron trasladados a Ourense noutro tren para reiniciar a viaxe cara a Chamartín noutro AVE

G24.gal 15/01/2025 08:28 Última actualización 15/01/2025 10:27

O operador ferroviario Adif informa este mércores que a circulación da alta velocidade entre Taboadela e Miamán, no concello de Baños de Molgas, quedou interrompida por "condicións meteorolóxicas adversas". Segundo Europa Press, en concreto, a catenaria viuse afectada polo xeo xerado polas baixas temperaturas desta madrugada.

É o servizo 04054, que partiu da estación de Ourense ás 06:30 horas e tiña previsto chegar a Madrid Chamartín ás 08:45 horas.

Segundo informacións dalgúns viaxeiros, o convoi permaneceu parado en Taboadela, a poucos minutos de iniciar a viaxe, durante tres horas no interior dun túnel. As mesmas fontes relatan que o tren "perdeu forza" ata que acabou parando e foron informados de que se trataba dunha avaría

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade