Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe desmente que vaia trasladar trens que operan no Eixo Atlántico a outras comunidades

Renfe desmente que vaia trasladar trens que operan no Eixo Atlántico a outras comunidades

A compañía ferroviaria asegura que non entra "nos plans" levar ata 6 trens para Cataluña

A Xunta protestará a Transportes para que non "empeore" o servizo ferroviario entre A Coruña e Vigo

G24.gal 13/01/2025 19:51

A compañía pública Renfe asegurou este luns que non entra “nos plans” trasladar os trens que operan no Eixo Atlántico, os S-121, a outras comunidades.

“Renfe quere desmentir que este material rodante vaia ser trasladado a outros territorios. Os plans da compañía pasan por que estes trens continúen operando en Galicia”, sinala a compañía pública.

O desmentido chega despois de que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, esixise ao Ministerio de Transportes unha explicación respecto diso.

Desde Renfe insisten en que o plan é que estes vehículos faciliten os desprazamentos de viaxeiros no Eixo Atlántico e que na conexión Avant entre A Coruña e Ourense permanezan en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade