Rueda: "A Xunta vai destinar aos mozos o 40% das novas vivendas públicas de alugueiro"
Rueda: "A Xunta vai destinar aos mozos o 40% das novas vivendas públicas de alugueiro"
O presidente da Xunta destaca que o 95 % das medidas acordadas polos presidentes do PP en Asturias a pasada fin de semana xa se aplican en Galicia
A Xunta licita a construción en Santiago do primeiro edificio de aloxamentos compartidos e temporais en alugueiro accesible para menores de 36 anos. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, explica que é unha das medidas do seu executivo para facilitarlle á mocidade o acceso á vivenda.
Tras a reunión do Consello da Xunta deste luns, Alfonso Rueda reiterou o compromiso de duplicar o parque de vivenda pública nesta lexislatura e apuntou que o 95 % das medidas acordadas polos presidentes do PP en Asturias a pasada fin de semana xa se aplican en Galicia.
"Acordamos baixar para a xente nova o ITP (Imposto de Transmisións Patrimoniais) ao 4 % e en Galicia xa está o 3 %" e creo que isto é moi salientable", apuntou.
E é que á mocidade, dixo o presidente, irán boa parte das medidas da Xunta para facilitar o acceso á vivenda. Entre esas medidas lembrou que van destinar aos menores de 36 anos o 40 %
das novas vivendas públicas que está a promover en alugueiro e o 25 % para a compra.