Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller ao enredar a bufanda que levaba na cinta dunha fábrica en Huelva

Morre unha muller ao enredar a bufanda que levaba na cinta dunha fábrica en Huelva

A vítima tiña 55 anos

 

G24.gal 16/01/2025 16:20

Unha muller de 55 anos faleceu este xoves tras enredarse a bufanda que levaba nunha cinta de clasificación dunha fábrica situada na localidade onubense do Campillo, segundo informou o servizo de Emerxencias 112 de Andalucía.

O servizo de emerxencias recibía a primeira hora da mañá deste xoves varias chamadas que solicitaban asistencia sanitaria urxente para unha muller caída e tombada no chan tras enredarse a bufanda que levaba no pescozo nunha cinta de clasificación.

 Os servizos sanitarios desprazados ao lugar nada puideron facer por salvarlle a vida e só puideron confirmar o seu falecemento. Pola súa banda, a Garda Civil activou o protocolo xudicial. Desde o 112 informouse do suceso á Inspección de Traballo e ao Centro de Prevención de Riscos Laborais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade