O Sergas establece un sistema de voluntarios para suplir a Atención Primaria dos sábados
O Sergas establece un sistema de voluntarios para suplir a Atención Primaria dos sábados
En 2025, os traballadores do Sergas presentan unha xornada laboral de 35 horas semanais
Este martes, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) presentou ás organizacións sindicais a proposta para regular a cobertura voluntaria por parte do persoal médico da asistencia sanitaria dos sábados pola mañá nos centros de Atención Primaria.
Detsa forma, a asignación obrigatoria de quendas en sábado realizarase só cando o número de voluntarios sexa insuficiente para garantir a asistencia sanitaria, xa que o déficit de médicos de Atención Primaria no Sistema Nacional de Saúde impide aumentar o cadro de persoal.
Ofertarase a voluntariedade a todo o persoal que teña prevista a súa incorporación ou reincorporación á prestación de servizos ao longo do ano, co fin de reducir o número dos sábados adxudicados obrigatoriamente ao resto do persoal para garantir a asistencia sanitaria.
Tanto médicos de familia con destino en centros de saúde, como facultativos especialistas de atención primaria, pediatras de atención primaria e médicos de familia con destino en puntos de atención continuada poderán manifestar a súa voluntariedade para traballar os sábados pola mañá.
As xerencias das áreas sanitarias habilitarán un prazo non inferior a 10 días naturais para que o persoal manifeste por escrito a súa voluntariedade para traballar os sábados pola mañá, indicando a súa dispoñibilidade en número de sábados.
O calendario de quendas realizarase sobre a base das propostas dos profesionais e só no caso de non haber suficiente persoal voluntario recorrerase á asignación obrigatoria na medida necesaria e sempre cunha repartición equitativa.