Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe mellora desde este domingo os horarios en dous trens de media distancia e un Avant en Galicia

Renfe mellora desde este domingo os horarios en dous trens de media distancia e un Avant en Galicia

Trátase de dous trens de media distancia Vigo-A Coruña e un Avant A Coruña-Ourense, co obxectivo de mellorar o servizo que se presta aos viaxeiros

G24.gal 31/01/2025 17:37

Renfe mellorará a partir deste domingo a frecuencia de trens de servizos públicos que operan en Galicia, adaptando os horarios de saída e chegada a destino, e paso de estacións intermedias, de dous trens de media distancia Vigo-A Coruña e un Avant A Coruña-Ourense, co obxectivo de mellorar o servizo que se presta aos viaxeiros.

No Eixo Atlántico, o tren 9072 que realiza o traxecto Vigo Urzáiz-A Coruña efectúa a súa saída dende o pasado 8 de abril ás 6:15 h, tras a reorganización provisional do servizo que se levou a cabo con motivo das obras de Madrid Chamartín. Agora que estas acabaron, o tren volverá ao seu horario habitual, polo que a súa saída da Cidade Olívica será ás 6:34 h para adaptarse a un maior número de clientes.

Pola súa banda, o tren 9143 A Coruña-Vigo Urzáiz, con saída a día de hoxe ás 13:58 h, modificará levemente o seu horario e partirá da Coruña as 14:05 h para mellorar as condicións de circulación ao non solaparse coa marcha do AVE Madrid-Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade