Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal reafirma que o AVE coa fronteira galega estará rematado no 2032

Portugal reafirma que o AVE coa fronteira galega estará rematado no 2032

Rueda pediu ao Goberno que acelere os traballos na parte galega para cumprir os prazos

Evento empresarial 'Conectando o Noroeste', en Vigo
G24.gal 26/02/2025 18:36 Última actualización 26/02/2025 20:41

O Goberno de Portugal reafirma que as obras do AVE entre O Porto e a fronteira galega estarán rematadas no 2032. Confirmouno o ministro luso de Infraestruturas, Miguel Pinto Luz, nun acto este mércores en Vigo organizado polos empresarios de Pontevedra, no que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lle pediu ao Goberno de España que acelere os traballos na parte galega para cumprir os prazos.

O ministro de Infraestruturas portugués asegura que o seu Goberno ve en Galicia un aliado para impulsar a posición estratéxica do norte do seu país e asegura que cumprirán os prazos asinados con España para a conexión por alta velocidade entre Vigo e O Porto. "O Porto-Vigo non é un estudo; está en todos os documentos estratéxicos de Portugal. Polo tanto, concluiremos no 2032 o investimento do noso lado e cremos que España concluirá o investimento do lado español", afirmou Pinto Luz.

Nese acto, o presidente da Xunta pediulle ao Goberno de España que acelere os traballos do AVE entre Vigo e a fronteira, porque do contrario, di, será imposible cumprir os prazos. "Gustaríame escoitar do Goberno do meu país que empezan xa, porque aínda non empezaron. Sería tremendo ver como se avanza dun lado e do outro non chegamos a tempo cando a distancia é moito menor. Hai que poñerse a traballar", dixo Alfonso Rueda.

Os empresarios denuncian que cada día que pasa sen infraestruturas ferroviarias estratéxicas é un día perdido para a súa competitividade. O presidente da Confederación Empresarial de Pontevedra, Jorge Cebreiros, defendeu que Galicia "necesita e merece" o AVE a Portugal, a alta velocidade a Madrid e o Corredor do Noroeste.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade