Publicador de contidos

Publicador de contidos

O primeiro ministro de Portugal non dimite e quere unha moción de confianza

O primeiro ministro de Portugal non dimite e quere unha moción de confianza

O escándalo que leva a Luis Montenegro a unha moción de confianza está relacionado cunha empresa familiar, Spinumviva, fundada por el mesmo

A nova crise politica ameaza o Goberno de centrodereita, elexido hai 11 meses

Os comunistas portugueses anuncian unha moción de censura contra o Goberno luso

Imaxe de Arquivo de Luis Montenegro, Primeiro Ministro de Portugal Imaxe de Arquivo de Luis Montenegro, Primeiro Ministro de Portugal
G24.gal 01/03/2025 22:38 Última actualización 01/03/2025 23:34

O primeiro ministro portugués, Luís Montenegro, asegurou este sábado que seguirá no cargo malia o escándalo sobre os seus vínculos con empresas, e dixo que quere unha "moción de confianza".

Non cometín ningún delito, nin tiven fallas éticas, declarou Montenegro tras un Consello de Ministros extraordinario

Sinto que é a vontade da maioría dos portugueses que o Goberno continúe executando o seu programa, dixo Montenegro.

A semana pasada, o Parlamento de Portugal rexeitou unha moción de censura presentada polo partido de ultradereita Chega contra o Goberno por unha empresa familiar, Spinumviva, fundada polo primeiro ministro.

Segundo Montenegro, isto significa que o Goberno está en condicións de seguir implementando o programa de Goberno".

Con todo, anunciou o primeiro ministro luso, o Goberno presentará unha "moción de confianza".

"Creo que é a vontade maioritaria dos portugueses que o Goberno siga aplicando o seu programa. Pero corresponde á Asemblea da República (Parlamento) e aos partidos políticos alí representados interpretar tamén a vontade dos portugueses", algo que se decidirá nesta moción.

Este mecanismo, segundo o Parlamento, "preséntao o Goberno e o seu simple rexeitamento provoca" a súa dimisión.

A nova crise politica ameaza o Goberno de centrodereita, elexido hai 11 meses. Se o Goberno caera, serían as terceiras eleccións en tres anos.

Montenegro di que os cartos cos que comprou as casas non teñen procedencia  ilícita

Luis Montenegro, actual primeiro ministro de Portugal, fundara a empresa cando estaba fóra da política.  Cando asumiu o liderado do Partido Social Demócrata (PSD, de centrodereita) en 2022 vendeu as súas accións, pero a emprese continuou na órbita familiar; foron a súa muller e os seus fillos os receptores das accións.

O diario luso Correio dá Manhã desvelaba este sábado que a familia de Montenegro comprou dúas vivendas en Lisboa en man en decembro de 2023 e novembro de 2024. En suma, o desembolso alcanzou os 715.000 euros. Montenegro, declaba a este diario, que os cartos cos que comprou as casas non teñen  procedencia ilícita.

O primeiro dos apartamentos custou máis de 300.000 euros e está situado na freguesía de Estrela, en Lisboa, e foi adquirido polos seus fillos.

O segundo quedou a nome de Montenegro e a súa esposa e está no mesmo edificio que o primeiro, e enfronte da vivenda do expresidente da República Aníbal Cavaco Silva.

Os comunistas portugueses anuncian unha moción de censura contra o Goberno luso

O secretario xeral do Partido Comunista Portugués (PCP), Paulo Raimundo, anunciou este sábado que presentarán unha moción de censura contra o Goberno de centrodereita do primeiro ministro, Luís Montenegro, tras o seu anuncio de manterse no cargo.

O actual Goberno non está en condicións de dar resposta aos problemas do país (...) Este Goberno e as súas políticas non merecen confianza, pero si censura e condena, dixo Raimundo, quen precisou que presentarán a moción de censura nos próximos días.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade