Rueda recibe a Amnistía Internacional e trasládalle os avances da Xunta no ámbito de traballo da ONG
Rueda recibe a Amnistía Internacional e trasládalle os avances da Xunta no ámbito de traballo da ONG
Rueda subliñou que a Xunta abriu centros para a atención psicolóxica, xurídica e social ás vítimas de violencia sexual en Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse co director da sección española de Amnistía Internacional, Esteban Beltrán, que lle trasladou as prioridades de actuación da ONG.
Beltrán interesouse en temas de relevancia actual como o estado de implantación dos Centros de crises 24 horas para vítimas de violencia sexual.
Pola súa banda, Rueda informou dos avances de Galicia nestes ámbitos, lembrando por exemplo que o pasado 20 de decembro abríronse cinco centros para a atención psicolóxica, xurídica e social ás mulleres vítimas de violencia sexual en Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense.
Ademais, trataron temas como o acceso á vivenda ou a integración de menores non acompañados e abordaron casos específicos nos que traballa Amnistía Internacional.