Publicador de contidos

Publicador de contidos

A androlla convértese no símbolo de Navia de Suarna

A androlla convértese no símbolo de Navia de Suarna

Na XXXIV Feira da Androlla o quilo chegou aos 25 euros

G24.gal 02/03/2025 14:17

Celébrase esta domingo en Navia de Suarna a XXXIV Feira da Androlla, un evento co que se enxalza a tradición dun embutido que se fai co intestino groso do porco e que é propio desta zona da montaña luguesa.

Para a súa elaboración empréganse ósos, coiro e pemento. É esencial unha boa curación e tamén que coza o tempo axeitado.

Na feira, ademais deste embutido tamén se promocionou o botelo e o pigureiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade