Publicador de contidos

Publicador de contidos

Travesías nun barco tradicional para coñecer como vive e como se pesca a lamprea

Travesías nun barco tradicional para coñecer como vive e como se pesca a lamprea

No traxecto escoitan a historia da lamprea e o perigo de extinción que sofre logo de 500 millóns de anos na terra

Nun barco inspirado nas naves viquingas os turistas ven de preto como se pesca e degustan un prato de lamprea á bordalesa

Especies migratorias como as lampreas, os meixóns, as zamborcas e os salmóns están en perigo de desaparecer no Miño polo aumento de especies invasoras 

Un grupo de turistas disfruta da experiencia cun albariño galego e cun plato de lamprea á bordalesa, xa moi apreciada polos reis europeos do medievo
G24.gal 01/03/2025 20:48

A empresa galega Río Miño en Barco comezou este sábado unha serie de travesías para coñecer de preto como vive e como se captura a lamprea, un animal que despois de cincocentos millóns de anos de existencia hoxe está en perigo de extinción. A bordo dun barco tradicional os turistas degustaron un prato feito con esta xoia gastronómica.  

Verónica Gómez, a CEO da empresa organizadora desta ruta da lamprea, fala para os viaxeiros a bordo. Partimos de Tui e mentres chegamos a ver como a pescan vai contándolles que a lamprea leva na terra 500 millóns de anos, que é un peixe azul e que está en serio perigo de extinción.

"Estase a extinguir por unha serie de factores. Da man dos humanos. As especies exóticas invasoras que hai hoxe no río Miño. Tamén hai unha alga invasora que está acabando co ecosistema do río. E tamén lles afecta moito a esta serie de especies migratorias que a entrada do río non se drague", conta a TVG Verónica Gómez, a CEO da empresa galega Río Miño en barco.

A viaxe lévanos a San Pedro da Torre, onde Rui, que só ceiba e recolle a rede durante os cambios da marea, pescou unha única lamprea. Unha peza hoxe pode custar uns douscentos euros.  O camiño de volta é para comer e beber. Albariño da zona e lamprea á bordalesa, un dos pratos favoritos dos reis xa no medievo. Tamén para asentar conceptos.

Porque as cifras son elocuentes. Desde o ano oitenta hai rexistros oficiais das capturas. En 2017 rexistraron trinta e sete mil pezas capturadas. En 2023 seis mil catrocentas e no 2024 catro mil. Na última década tamén se reduciron drasticamente as capturas das outras especies migratorias que volvían morrer ao Miño como os meixóns, as zamborcas ou os salmóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade